Selecciona o teu idioma

Especialistas en la fabricación de accesorios en madera para empresas

Especialistas na fabricación de accesorios en madeira para empresas

¿É o dono dun bar ou restaurante?

Se é o caso de que vostede sexa o xefe dun bar ou dun restaurante, xa ten constancia da importancia da estética do seu local para chamar a atención dos clientes. É moi importante ter unha decoración e un mobiliario orixinal, para conseguir marcar a diferenza entre os outros locais dedicados á hostalería da zona.

En De Raíz encargámonos de todo, e comprometémonos a fabricar as cadeiras, mesas, bares, taburetes, colgadores para abrigos, estantes para bebidas e todas as pezas necesarias. Cada unha das nosas pezas está feita de xeito personalizado, polo que contratar a fabricación do mobiliario da súa empresa connosco, garantirá que resalte na súa zona.

Se ademais, o local do seu bar ou restaurante dispón de terraza, grazas á calidade dos materiais e produtos cos que traballamos en De Raíz, podemos facer tanto as cadeiras como as mesas de madeira exteriores, garantindo a súa durabilidade e calidade. Contando cunha terraza cuberta de madeira, ademais do mobiliario, conseguirá que a terraza do seu negocio sexa a máis acolledora do lugar.

¿Es el dueño de un bar o de un restaurante?

¿Vostede é o encargado de xestionar un hotel?

Se xestiona un hotel, coñece a gran relevancia de ter cuartos que destaquen pola calidade e boa imaxe dos seus mobles.

Se quere dar un lavado de cara aos cuartos do seu hotel, en De Raíz poñémosllo sinxelo. Coidamos fabricar os armarios para cada unha das habitacións, así como os cabeceiros para as camas, as cadeiras das terrazas de cada cuarto, as mesas ou incluso as portas interiores e as fiestras.

Para o cambio de calquera peza que desexe facer no mobiliario do seu hotel, pode confiar nos servizos da carpintería De Raíz. Ademais, grazas á experiencia dos nosos carpinteiros, podemos aconsellarlle persoalmente sobre os deseños que adoitan chamar a atención e proporcionar unha mellor imaxe.

¿Quiere montar una oficina?

¿Quere montar unha oficina?

É común que todos os profesionais que traballan en procedementos administrativos, ou no mundo da informática, queiran montar a súa propia oficina. Independentemente de que queira establecer o seu lugar de traballo na súa casa ou noutro lugar, en De Raíz encargámonos de fabricar a mesa de madeira para a súa oficina, cadeiras, estantes e calquera outro elemento que queira engadir, como un colgador para abrigos.

Encargámonos de crear a súa mesa de madeira para oficina segundo as súas necesidades. ¿Quere unha mesa con caixóns? ¿Quere que as esquinas sexan redondeadas? ¿Cal é a altura que desexas para a súa mesa? Adaptámonos e atendemos as demandas de todos os clientes para que se sintan cómodos no seu lugar de traballo.

¿Estás pensando en abrir un comercio?

Se está pensando en abrir un negocio comercial, en De Raíz poñémosllo sinxelo. Pode encargar a fabricación personalizada do mostrador para o seu comercio, así como os estantes ou os expositores onde mostrará todos os elementos que poña á venda.

Fabicamos calquera elemento que poida necesitar ao abrir unha nova tenda. ¿Necesita taburetes para colocar nos probadores? ¿Faille falta un colgador para colocar as prendas de roupa mentras os clientes as están probando? ¿Quere que os acompañantes dos seus clientes se senten mentres esperan e precisa dun banco?

Solicite os servizos da carpintería Raíz e poderá obter calquera elemento de madeira personalizado para o seu local comercial.

¿Quiere montar una oficina?
Especialistas en la fabricación de mobiliario para empresas.

Especialistas na fabricación de mobles para empresas

En De Raíz non nos importa a qué rama estea adicada a súa empresa. Se o que desexa é que o local comercial da súa empresa destaque entre outros, presentando unha imaxe orixinal e exclusiva, non dubide en pedir as súas pezas de madeira na nosa carpintería en Caldas de Reis.

Grazas á experiencia que temos e á calidade de todos os materiais, adaptámonos a todas as demandas dos nosos clientes. Fabricamos mobles para espazos interiores e exteriores, sempre con garantías de calidade.

En De Raíz ofrecemos un orzamento personalizado

Se está pensando en cambiar os mobles da súa cociña ou baño, ou poñer mobles novos no seu xardín, así como se o que quere cambiar as fiestras da súa casa, ou incluso pensar en cambiar o piso ou as escaleiras, póñase en contacto connosco. Cóntenos as súas ideas e ofrecerémoslle un orzamento totalmente adaptado ás súas necesidades.

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.