Decoración De Raíz

Especialistas na elaboración de soportais e tellados de madeira

Quere un xardín de ensoño na túa casa?

Na carpintería De Raíz contamos con especialistas na fabricación de soportais e tellados de madeira. Cada vez está máis demandada a construción dun soportal de madeira fóra das casas, para que os habitantes do fogar poidan gozar de momentos de descanso nun ambiente agradable.

Que vantaxes ten un soportal de madeira?

Custo económico.

A madeira é un dos materiais máis económicos do mercado. Ao ser un material que podemos atopar en moitas variedades, teremos a posibilidade de escoller o que mellor se adapte ás nosas necesidades económicas. Nas nosas instalacións en Caldas de Reis, asesoraremos a cada cliente sobre que material se adapta mellor á súa economía, sempre garantindo os mellores resultados.

Versatilidade.

O moldeamento da madeira é un proceso sinxelo. Por este motivo é fácil obter o deseño e a cor que desexamos para o noso alpendre. Se queremos que o soportal e o tellado do noso xardín sexan de diferentes cores, para conseguir un impacto visual da amplitude, ou queremos que sexa de ton claro para contrastar con algún elemento decorativo, grazas á experiencia e calidade dos materiais da carpintería De Raíz, podemos conseguilo.

Material sostible.

Estamos nunha situación complicada con respecto ao coidado do Medio Ambiente. Día a día vemos nas novas como aumentan os niveis de contaminación, polo que, empregando materiais sostibles como a madeira, aportamos o noso gran de area ao coidado do Medio Ambiente.

Elegante e acolledor.

A sensación que transmite entrar nun soportal de madeira é unha sensación de confort. É o material ideal para crear un espazo para a relaxación e o descanso, a principal intención para a que se encarga a construción dun soportal con tellado de madeira.

Ampliación da casa.

Cando decidimos instalar un soportal de madeira na nosa casa, conseguimos que o domicilio pareceza máis grande, xa que se trata dunha construción a partir dunha das paredes exteriores da casa.

Revalorización da vivenda.

O feito de facer melloras na nosa casa, aumenta o valor da propiedade no mercado inmobiliario. Se estas melloras son feitas en madeira, o seu valor aumenta moito máis. A madeira é un material que se caracteriza, ademais de por ser respetuoso co medio ambiente, por proporcionar un gran illamento térmico e acústico.

Decoración De Raíz

Creamos os mobles para o seu xardín.

No momento en que temos un soportal de madeira na nosa casa, necesitamos os mobles adecuados para colocar nel.

Grazas á experiencia dos carpinteiros de De Raíz, temos a disposición dos nosos clientes unha ampla gama de madeira natural con gran resistencia á humidade. Co uso destes materiais, garantimos a durabilidade de todos os mobles de xardín de madeira que fabricamos Caldas de Reis.

Se desexa colocar unha mesa a xogo coas cadeiras, tumbonas, columpios, balancíns, sofás, butacas ou calquera outro mobiliario de xardín, en De Raíz encargámonos de fabricalo.

carpintería en Caldas de Reis

Os mellores materiais para tratar a madeira

En De Raíz só traballamos coas mellores marcas. Se a súa casa ten unha piscina de auga clorada, non terá que preocuparse pola deterioración precoz das pezas de madeira se entran en contacto co cloro.

Coidamos de garantir a calidade e durabilidade de todas as nosas pezas, grazas ás técnicas perfeccionadas para tratar a madeira que teñen os nosos carpinteiros.

Decoración De Raíz

En De Raíz ofrecemos un orzamento personalizado

Se está pensando en cambiar os mobles da súa cociña ou baño, ou poñer mobles novos no seu xardín. Así como se o que quere cambiar as fiestras da súa casa, ou incluso pensar en cambiar o piso ou as escaleiras, póñase en contacto connosco. Cóntenos as súas ideas e ofrecerémoslle un orzamento totalmente adaptado ás súas necesidades.

O titular da páxina informa cos datos deste formulario serán tratados para ofrecerlle a información solicitada, sendo a base legal do tratamento o consentimento otorgado polo usuario. Non se cederán datos a terceiros. Pode exercer os dereitos como se explica na Política de Privacidade.

Algúns dos nosos traballos

Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz Carpintería De Raíz